barraceipmenen


 

 

 

 

INFORMACIÓN DE INTERÉS CURSO 2021 - 2022

PREGAMOS QUE CONSULTEN REGULARMENTE ESTA PÁXINA PARA MANTERSE INFORMADOS.

1/09/2021

Presentación alumnos curso 2021 - 2022.Terá lugar o día 9 de setembro de 2021.Para máis nformación sobre lugar e horario da presentación por cursos PREME AQUÍ

1/09/2021

INFORMACIÓN sobre entradas e saídas do centro, titorias,recreos, protocolo diante de abrochos ( brotes), protocolos de centro e da Xunta, Plan de Continxencia,... PREME AQUÍ

18/02/2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022
PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN / PRAZOS


As solicitudes de ADMISIÓN de alumnado  presentaranse  do 1 ao 22 de marzo. A hora final de aceptación de solicitudes no centro o 22 de marzo será ás  14:00 horas. A través da sede electrónica pódese presentar todo o día


Modelos de solicitudes
Son o ED550A (Anexo I para reserva) e o ED550B (Anexo II para admisión).Nas instrucións aparece unha ligazón para descargalos. Tamén desde a aplicación admisionalumnado

Publicación das listaxes provisionais: Día 23 de abril as 14:00

Publicación listaxes definitivas: Día 14 de maio ás 14:00

 

01/09/2020

Presentación alumnos de infantil e primaria días 10 e 11 de setembro de 2020 ( ver PDF)

01/09/2020

Calendario escolar curso 2020-2021( ver PDF)

20 / 08/ 2020

O novo curso que vamos a iniciar o 10 de setembro estará cheo de novidades como consecuencia da aplicación do protocolo COVID 19. Na medida en que se nos acheguen instrucións ou as acorde o Centro serán publicadas nesta páxina que se converterá no principal medio de comunicación coas familias.
O día da presentación (informarase nesta páxina dos horarios e procedemento na presentación do 10 de setembro) entregarase a cada alumno un pequeno dosier en papel no que se informará do material que precisara o alumno para o traballo individual na aula, horario de clase,  libros de préstamo de  3º etc...
Nesta páxina informarase dos aspectos organizativos e de funcionamento. Así informarase de como se procederá nas entradas e saídas, a organización dos recreos e tránsitos polo centro, acceso ao centro fora do horario de entrada, solicitude e funcionamento das titorías,  a aula virtual ...
Como saben en xuño creouse unha nova unidade en primeiro de primaria ( 1º C) e no mes de xullo, dado que excedemos os 50 alumnos, comunicóusenos que se creaba  outra unidade en terceiro de primaria ( 3º C).

19 / 08/ 2020

NFORMACIÓN DE INTERÉS
ABERTO O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO PARA EDUCACIÓN INFANTIL.
Presentación de solicitudes ata o 7 de setembro DE 2020 no rexistro xeral do Concello de Lugo.

19 / 08/ 2020

INICIO CURSO ESCOLAR 2020.2021
Para informarse do inicio do curso, presentación de alumnos o día 10 de setembro, protocolo con instrucións para entradas, saídas, recreos, titorías, etc.. créase na páxina de inicio da páxina web do centro un enlace no que se irá subindo toda a información de interese para alumnos e familias

Vémonos en setembro!!
Disfrutade dos últimos días de vacacións e SENTIDIÑO!!

CURSO 20-21

01/ 08/ 2020

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

volver