barraceipmenen


 

 

 

 

Últimas novas

1/09/2021

Presentación alumnos curso 2021 - 2022.Terá lugar o día 9 de setembro de 2021.Para máis nformación sobre lugar e horario da presentación por cursos PREME AQUÍ

1/09/2021

INFORMACIÓN sobre entradas e saídas do centro, titorias,recreos, protocolo diante de abrochos ( brotes), protocolos de centro e da Xunta, Plan de Continxencia,... PREME AQUÍ

 

18/02/2021

ADMISIÓN DE ALUMNADO 2021/2022
PROCESO DE ESCOLARIZACIÓN / PRAZOS


As solicitudes de ADMISIÓN de alumnado  presentaranse  do 1 ao 22 de marzo. A hora final de aceptación de solicitudes no centro o 22 de marzo será ás  14:00 horas. A través da sede electrónica pódese presentar todo o día


Modelos de solicitudes
Son o ED550A (Anexo I para reserva) e o ED550B (Anexo II para admisión).Nas instrucións aparece unha ligazón para descargalos. Tamén desde a aplicación admisionalumnado

Publicación das listaxes provisionais: Día 23 de abril as 14:00

Publicación listaxes definitivas: Día 14 de maio ás 14:00

 

01/08/2020

PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021

 

09/07/2020

Publicadas listas definitivas do fondo solidario de libros de texto. Expostos no taboleiro de anuncios do interior do Centro e enviado por correo electrónico aos alumnos que cursarán 3º e 4º o vindeiro curso

Os vales de material escolarpoderán recollerse o 10, 13  e 14 de xullo en horario de 10 a 14 horas. Ás familias que non recollan os vales nestas datas , terán que esperar a setembro para recollelos.

06/07/2020

Publicadas listas provisionais do fondo solidario de libros de texto. Expostos no taboleiro de anuncios do interior do Centro

  • Publicación listaxe provisional 6 de xullo
  • Reclamacións á listaxe provisional 7 e 8 de xullo.
  •  Publicación da listaxe definitiva 9 de xullo. A comunicación dos  libros asinados a cada alumno farase por correo electrónico da aula ( -----@ceipmenendezpelayo.es) As listaxes non se poden expoñer no taboleiro de anuncios da web pola ley de protección de datos. Pregamos que os solicitantes de fondo libros comproben que teñen facilitado un correo electrónico ( o mesmo co que se comunican co titor/a).

 

15/06/2020

PRAZO DE SOLICITUDE PARA UTILIZAR O SERVIZO DE MADRUGADORES E COMEDOR DO CONCELLO DE LUGO PARA O CURSO 2020-2021


Como todos os anos, as SOLICITUDES deben entregarse no rexistro do Concello (ben por vía electrónica ou persoalmente, solicitando cita no 010)

O prazo para presentar as solicitudes é entre o 15 de xuño e o 31 de xullo.
Máis información Concellería de Educación do Concello de Lugo

 

12/06/2020

O Ministerio para a Transición Ecológica e o Reto Demográfico felicita ao centro CEIP MENENDEZ PELAYO pola sua participación no programa RECREOS RESIDUOS CERO 2019-2020

Si queres ver o diploma preme aquí

10/06/2020

ENTREGA DE CUALIFICACIÓNS E DOCUMENTACIÓN

  • Educación infantil
    Entrega dos boletíns de notas da 2ª e  da 3ª avaliación ás familias o venres 19 de xuño de 12 a 14 horas no pórche de Infantil.
    Entrada das familias pola cancela de Serra de Outes que da á zona de Infantil.
  • Primeiro e segundo de primaria
    Entrega dos boletíns de notas ás familias o luns 22 de xuño de 12 a 14 horas no pórche de Primaria. Entrada das familias pola cancela de Alfredo Brañas .
  • Terceiro e cuarto de primaria
    Entrega dos boletíns de notas ás familias o xoves 18 de xuño seguindo o horario establecido para a recollida de libros de préstamo (3ºA ás 10, 3ºB ás 11, 4º A ás 12 e 4º B ás 13 horas).
    As familias (un adulto e un neno/a como máximo) entrarán pola cancela de Alfredo Brañas e esperarán no patio pola titora  que os acompañará de cinco en cinco ata a   aula onde procederá á revisión dos libros de préstamo e á entrega dos boletíns.
  • Quinto e sexto de primaria
    Entrega dos boletíns de notas (5º e 6º) e historiais académicos (6º) ás familias o luns 29 de xuño segundo horario establecido para a recollida de ordenadores (5º A ás 10, 5º B ás 11, 6º A ás 12 e 6º B ás 13 horas). As familias (un adulto e un neno/a como máximo) entrarán pola cancela de Alfredo Brañas e esperarán no patio a que a titora ou titor os acompañe de cinco en cinco   ata a aula onde procederá á recollida de cada ordenador e á entrega da documentación

 

08/06/2020

Con data de hoxe faise pública a listaxe provisional de alumnos admitidos para o vindeiro curso escolar 2020-2021.Pódese consultar no taboleiro interior do centro en horario de 10 a 14 horas.

05/06/2020

Entrega documentación alumnos de 6º A e B ( primaria)
Os alumnos de 6º recollerán a documentación para entregar no IES no que se matriculen o día 29 de xuño ás 12 h 6ºA e ás 13 h 6ºB h na súa aula. Deben ser acompañados polo pai, nai ou titor.

Recollida ordenadores alumnos de 5º e 6º de primaria
Luns 29 de xuño. Horario: 5ºA  ás 10 h, 5ºB ás 11 h, 6º A ás 12 h e 6ºB ás 13h  na aula. Tanto para a entrega como para a recollida subirán de 5 en 5 ,mantendo a distancia de seguridade, acompañados dun adulto como  máximo
 
Recollida de libros de préstamo de 3º e 4º de primaria
O  profesorado titor recollerá os libros e revisará que o alumnado faga entrega de todos os libros que lle foron entregados e que estes estean en condicións óptimas para ser empregados por outro alumno/a no curso seguinte.

  • Data de entrega /recollida  xoves 18 de xuño .Horario: 3ºA  ás 10 h, 3ºB ás 11 h, 4ºA ás 12 h, 4ºB ás 13 h na aula. Subirán de 5 en 5 ,mantendo a distancia de seguridade, acompañados dun adulto como  máximo

Fondo libros 2020/21

  • Publicación listaxe provisional 6 de xullo
  • Reclamacións á listaxe provisional 7 e 8 de xullo.
  •  Publicación da listaxe definitiva 9 de xullo. A comunicación dos  libros asinados a cada alumno farase por correo electrónico da aula ( -----@ceipmenendezpelayo.es) As listaxes non se poden expoñer no taboleiro de anuncios da web pola ley de protección de datos. Pregamos que os solicitantes de fondo libros comproben que teñen facilitado un correo electrónico ( o mesmo co que se comunican co titor/a).
  • Entrega de libros ao alumnado na primeira semana lectiva de setembro

Vales de material para 1º e 2º curso 2020/21
Os vales poderán recollerse o 10, 13  e 14 de xullo en horario de 10 a 14 horas. Ás familias que non recollan os vales nestas datas , terán que esperar a setembro para recollelos.

 

AVISO 23/05/2020


Entrega de material escolar que o alumno deixou nas aulas coa suspensión das clases presenciais.

As entregas de material farase no porche de primaria accedendo pola cancela da Rúa Alfredo Brañas

  • 1º de primaria día 28 de maio de 10 a 12
  • 2º de primaria día 28 de maio de 12 a 14
  • 3º de primaria día 29 de maio de 10 a 12
  • 4º de primaria día 29 de maio de 12 a 14
  • 5º e 6º primaria día 2 de xuño de 10 a 12
  • Infantil 3 anos A e B xunto con 4 anos A día 1 de xuño de 10 a 12
    Infantil 4 anos B e 5 anos A e B día 1 de xuño de 12 a 14

19/05/2020

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO  ESCOLAR 2020/2021

Enlace a convocatoria

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumando matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/2021.

 

Prazo de solicitudes: do 20 de maio ao 19 de xuño ámbos incluídos

Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º de Educación Primaria

Axudas para adquirir libros de texto: alumando matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria

Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en Educación Primaria

Devolución dos libros de 3º e 4º de Educación Primaria do curso 2019/2020: Ata o 7 de xullo. Os titores poñeranse en contacto através do correo electrónico da aula para establecer o día e a hora na que poden facer a devolución

Contía das axudas para adquirir libros de texto:

Alumnado 1º e 2º de Educación Primaria:

◦ Renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 210 €
◦ Renda per cápita familiar supeiror a 6.000€ e igual ou inferior a 10.000 € :140€

Contía da axuda para adquirir material escolar

Alumnado matriculado en Educación Primaria con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 €: 50 €

As solicitudes presentaránse preferiblemente por via electrónica no formulario normalizado dispoñible  na  aplicación  informática  Fondolibros  (   https:www.edu.xunta.es/fondolibros)  ,  a través da sede electrónica da Xunta de Galicia:  https://sede.xunta.gal
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa relugadora do procedemento administrativo común

Calendario admisión alumnado

Ao remate do prazo de solicitude o vindeiro día 18 de maio  o procedemento de admisión de alumnado para o curso 2020/2021 será o seguinte:

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 8 de xuño de 2020 ás 14:00 horas.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitidos o 18 de xuño de 2020 ás 14:00 horas.
  • Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.

 

Horario atención ao público

A partir do 11 de maio de 2020, e ata novo aviso, o horario de atención ao público ( solicitudes para admisión de novo alumnado) será de 10 a 14 horas de lúns a venres

Prazo de presentación de solicitudes de admisión alumnos curso 2020 - 2021 ( reanudación do prazo)


Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinte ao da súa presentación.


Novos prazos do procedemento.


a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.

 

 

RECOMENDACIÓN ABALAR MÓBIL ABRIL 2020

Recomendamos aos proxenitores do noso alumnado que actualicen a aplicación Abalar móbil para estar en contacto co centro educativo. Para iso é preciso:

  • Que os datos do proxenitores (DNI e número teléfono, principalmente)
  • que figuran no centro sexan os adecuados.
  • Descargar a aplicación no móbil seguindo os pasos de este enlace:

https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/sites/espazoAbalar/files/guia_mobil-familias_-galego.pdf

  • Se alguén ten algunha dificultade pode poñerse en contacto coa Unidade de Atención a Centros, telf. 881997701 onde lle poden resolver as súas dúbidas.

 

AVISO ABALAR MÓBIL MARZO 2020

Recórdase aos proxenitores do noso alumnado que deben ter os seus  teléfonos móbiles de contacto actualizados  nos datos do  centro para poder descargar e usar  o servizo  Abalar móbil. Se alguén desexa actualizalo pode escribirnos un correo electrónico ao enderezo
ceip.menendez.pelayo@edu.xunta.gal
No correo electrónico debe figurar o nome e apelidos dos proxenitores e do alumnado e o número de teléfono que se quere introducir. Dende o centro   modificarase.

 

AVISO MARZO 2020

As tarefas para os alumnos durante o período de suspensión das clases estarán dispoñibles na web do centro a partir do día 17 de marzo. Enlace “ Tarefas por curso para o período de suspensión de clases por coronavirus” na páxina de inicio.
  www.ceipmenendezpelayo.es

 

AVISO IMPORTANTE 13/03/2020

PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

PARA O CURSO 2020 – 2021

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes.

 

LISTADO DEFINITIVO FONDOLIBROS

ALUMNOS DE 3º E 4º DE PRIMARIA

CURSO 2019-2020

CONSULTAR LISTADO ADMITIDOS

CONSULTAR LISTADO EXCLUIDOS

 

INICIO DO CURSO 2019-2020


O vindeiro curso escolar iniciarase o mércores, 11 de setembro, coa presentación do alumnado segundo o seguinte horario:
- As 10 h .- 5º e 6º de Primaria
- As 10,45 h .- 3º e 4º de Primaria
- As 11,30 h .- 1º e 2º de Primaria
- As 12 h .- Educación Infantil.
Os alumnos poden/deben ser acompañados polos seus pais,nais,… Rematada a presentación os alumnos regresarán aos seus domicilios.

 

LISTADO PROVISIONAL FONDOLIBROS CURSO 2019-2020

Axúntase listado provisional fondolibros. O listado definitivo publicarase o día 5 ás 14 horas.

Para ver listaxes adxudicacións provisionais de libros en en PDf prema aquí

Para ver listado alumnos exluídos prema aquí

Prazo de reclamacións: días 2e 3 de xullo 2019 .

 

LISTADO DEFINITIVO FONDOLIBROS ALUMNOS DE 3º E 4º DE PRIMARIA CURSO 2018-2019

CONSULTAR LISTADO

 

 

INICIO DO CURSO 2018-2019

O vindeiro curso escolar iniciarase o mércores, 12 de setembro,

coa presentación dos alumnos segundo o seguinte horario:
- As 10 h .- 3º Ciclo de Primaria (5º e 6º)
- As 10,45 h .- 2 º Ciclo de Primaria (3º e 4º)
- As 11,30 h .- 1º Ciclo de Primaria (1º e 2º)
- As 12 h .- Educación Infantil.
Os alumnos poden/deben ser acompañados polos seus pais,nais,…

Rematada a presentación os alumnos regresarán aos seus domicilios.

 

Inicio do curso

Remate

Nadal

Semana Santa

Entroido

Día do Ensino

12 de setembro

21 de xuño

24 /12 – 7/01
ambos os dous inclusive

15  ao 22 de abril 2019 ambos os dous inclusive

4,5 e 6  de marzo de 2019

7 de decembro de 2018

 

 

 

 

 

 

ENTREGA VALES LIBROS DE TEXTO CURSO 2018-2019 ALUMNOS DE 1ºe 2º de Primaria e AXUDA MATERIAL 1º,2º,3º,4º,5ºE 6º de Primaria.
Os vales entregaranse o días 4, 5 e 6 de xullo de 2018 en horario de 10 a 13,45. Os vales que non sexan recollidos nestas datas serán entregados a partir do 1 de setembro. Para recoller o vale e imprescindible a presenza do pai, nai ou titor legal ao obxecto de asinar o recibín do vale. En caso de ter que enviar a outra persoa debe aportar autorización escrita figurando nome, apelidos e DNI da persoa que autoriza e do autorizado.
FONDO SOLIDARIO 3º e 4º de primaria ( PRÉSTAMO LIBROS DE TEXTO)
 Publicación de listaxes provisionais: Luns 3 de xullo
 Prazo de reclamacións: días 4 e 5 de xullo
 Publicación de listaxes definitivas: día 6 de xullo.
 Entrega de libros aos alumnos primeiros días de clase do mes de setembro na aula.
RECOLLIDA DE LIBROS DE PRÉSTAMO DE  3º e 4º DE PRIMARIA
Serán entregadas na aula aos titores dos alumnos os días 19 e 20 de xuño . A non devolución de todos ou parte dos libros asinados a cada alumno ou a devolución en mal estado dos mesmos suporá o decaemento no dereito a préstamo de libros para o vindeiro curso.
ENTREGA CUALIFICACIÓNS
Ás notas entregaranse o día 21 de xuño de 2018 ás 13,40 horas nas aulas. Os pais, nais ou titores legais poden acceder ás aulas a esa hora.
ENTREGA DOCUMENTACIÓN ALUMNOS DE 6º A e B ( PRIMARIA)
Os alumnos de 6º recollerán a documentación para entregar no IES no que se matriculen o día 28 de xuño ás 12,30 horas na súa aula. Deben ser acompañados polo pai, nai ou titor.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

volver